NOVAS

Actividade 1: Mostraxes no intermareal

Unha das actividades do proxecto son as mostraxes para o estudo da dinámica e da explotación das poboacións de mexilla de Galicia, para o que se recolle información sobre á súa presenza e cobertura ao longo da costa das provincias da Coruña e Pontevedra. Desde febreiro ata abril, equipos de CIMA e CETMAR organizáronse para realizar mostraxes, completando así o mapa do intermareal galego. Estas mostraxes tiveron lugar en Cabo Home, Nerga, Cabo Udra, Baiona e zonas máis ao norte como na zona de Cedeira, Camelle, Camariñas y Ferrol. Todos estes datos son recollidos na aplicación creada polo persoal de CETMAR e poder ser consultados nesta ligazón.

Actividade 2:

Long-line

A actividade 2 do proxecto APROMEX céntrase na instalación dun long-line para a captación de mexilla en cordas colectoras.  Unha vez instalado o long-line (novembro 2023) instalouse unha sonda multiparamétrica autocontida a 1.5 metros de profundidade. Esta sonda é substituída periodicamente para poder extraer a información e evitar erros de medida por crecemento de fouling. Ademais da substitución do equipo, en cada mostraxe ao long-line procédese a recoller unha mostra de auga para medir salinidade en laboratorio e verificar as medicións tomadas pola sonda.  Unha vez retirada a sonda, os datos descárganse e procésanse para seren enviados as entidades INTECMAR e CIMA.

Presentación do proxecto Apromex

O mércores 29 de novembro do 2023, no Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Corón, en Vilanova de Arousa, realizouse a xornada de divulgación para amosar os traballos realizados dentro do proxecto Apromex. Esta iniciativa, que ven a estreitar o contacto entre o mundo científico e os produtores, forma parte dun plan para prover de información e formación ao sector mexilloeiro que se pretende levar adiante durante 2024. O programa pode consutarse aquí.

Obradoiro para o sector do mexillón

O día 8 de novembro de 2023 o CIMA, en colaboración co CETMAR, a Universidade de Vigo, o IIM-CSIC a e a empresa NUNEGAL, acolleu nas súas instalacións un obradoiro enfocado no sector mexilloeiro. Nesta actividade, presentáronse algúns dos resultados do obxectivo 1 do proxecto APROMEX, ademais de outras charlas de interese para a xestion do seu recurso. 

Participación no ForoAcui’23

O CIMA presentou no recente evento ForoAcui’23 o 5 e 6 de outubro de 2023 os resultados preliminares do crecemento de mexilla (Mitilus galloprovincialis, Lamark, 1819) producida en criadeiro e fixada en téxtiles vexetais biodegradables. Estes resultados son parte das actividades que se está a realizar no proxecto dentro do obxectivo 2.