A través de distintas iniciativas confinanciadas con Fondos Europeos estase a recompilar e representar cartográficamente información histórica relacionada coa presenza de larvas nas rías. Estes datos foron recollidos non marco do encargo da Consellería do Mar ao CETMAR para o seguimento da abundancia larvaria de Mytillus galloprovincialis e do recrutamento non litoral rochoso de Galicia nos anos 2009-2011.
O mexillón é un produto de gran relevancia para o sector acuícola de Galicia. Coñecer o seu ciclo biolóxico e a súa dinámica larval é esencial para a súa xestión. No período de 2009-2011, no encargo da Consellería do Mar ao CETMAR, coa colaboración de CIMA e a Universidade de Vigo, publicouse na web do INTECMAR informes semanais sobre abundancia de larvas de mexillón (Mytilus galloprovincialis) nas rías de Galicia, co propósito de mostrar patróns temporais e espaciais. As mostraxes realizáronse nun total de 13 estaciones oceanográficas repartidas nas ría Baixas e na ría de Ares-Betanzos.
Desde a súa liberación ao medio ata a súa fixación, as larvas de mexillón atravesan distintos estadios, como poden ser as larvas D (fase temperá) ou as larvas con ollo (fase tardía). As larvas D están máis asociadas ao volume das desovas dos mexillóns (fontes), mentres que as larvas con ollo están máis próximas no tempo aos procesos de fixación (sumidoiros). Estes datos históricos son aínda de gran valor tanto para novos análises ou futuras validacións de modelos de transportes de larvas.
Na seguinte animación pódese visualizar a evolución da presenza de larvas con ollo ao longo do tempo nos tres anos monitorizados:
Esta mostraxe retomouse en 2023, no marco do convenio da Consellería do Mar coa Universidade de Vigo, no que participan o grupo CIN-BIO, o CIMA e INTECMAR (link aos informes do INTECMAR, que cambiaremos al mapa cuando lo tengamos).