A actividade 2 do proxecto APROMEX céntrase na instalación dun long-line para a captación de mexilla en cordas colectoras. Unha vez instalado o long-line (novembro 2023) instalouse unha sonda multiparamétrica autocontida a 1.5 metros de profundidade. Esta sonda é substituída periodicamente para poder extraer a información e evitar erros de medida por crecemento de fouling. Ademais da substitución do equipo, en cada mostraxe ao long-line procédese a recoller unha mostra de auga para medir salinidade en laboratorio e verificar as medicións tomadas pola sonda. Unha vez retirada a sonda, os datos descárganse e procésanse para seren enviados as entidades INTECMAR e CIMA.