Unha das actividades do proxecto son as mostraxes para o estudo da dinámica e da explotación das poboacións de mexilla de Galicia, para o que se recolle información sobre á súa presenza e cobertura ao longo da costa das provincias da Coruña e Pontevedra. Desde febreiro ata abril, equipos de CIMA e CETMAR organizáronse para realizar mostraxes, completando así o mapa do intermareal galego. Estas mostraxes tiveron lugar en Cabo Home, Nerga, Cabo Udra, Baiona e zonas máis ao norte como na zona de Cedeira, Camelle, Camariñas y Ferrol. Todos estes datos son recollidos na aplicación creada polo persoal de CETMAR e poder ser consultados no seguinte mapa (actualizado a 31 de setembro de 2024):