- As ferramentas dixitais MOVTIC e Trazamar, desenvolvidas pola Consellería do Mar para mellorar a Xestión e a Trazabilidade da pesca e a acuicultura, contan xa cunha serie de vídeos explicativos para facilitar o seu uso entre o sector do mexillón na recolección da mexilla.
Tal e como se recolle nos propios contidos formativos, estas ferramentas permiten rexistrar, consultar e xestionar de maneira áxil os datos relacionados coa actividade extractiva.

Unha guía práctica para o sector
Os vídeos están dirixidos a profesionais da acuicultura e da pesca que participan na recolección de mexilla, especialmente ao sector miticultor. Forman parte das accións de transferencia de coñecemento impulsadas no marco da iniciativa CAPACITAMEX, que promove o diálogo entre o sector produtor de mexillón, a administración e os investigadores para fomentar o uso de datos e a sustentabilidade na produción.
A serie estrutúrase en diferentes capítulos, que permiten tanto unha visualización completa como a consulta independente de cada funcionalidade:
1_7_MOVTIC_ Que é MOVTIC e para que serve
2_7_MOVTIC_ Acceso á aplicación
3_7_MOVTIC_ Como realizar a declaración de captación de mexilla
4_7_MOVTIC_ Proceso de reparto
5_7_MOVTIC_ Consulta e anulación de documentos
6_7_MOVTIC_ Habilitación de recolectores
7_7_MOVTIC_ Consulta de carné e informes de campañas
8_TRAZAMAR

Ferramentas sinxelas para xestionar a actividade diaria
A través destes vídeos, as persoas usuarias poden aprender de forma sinxela como realizar os principais trámites: desde o acceso á aplicación ata a declaración de captación, a consulta de documentos ou a xestión de recolectores.
O formato dividido por capítulos facilita unha aprendizaxe progresiva e adaptada ás necesidades de cada usuario, reforzando o obxectivo de facer máis accesibles as ferramentas dixitais no sector.
Os vídeos están dispoñibles na canle de Youtube de Apromex e pódese acceder a eles desde a sección de recursos: