O proxecto APROMEX participou na XXVII edición do Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui), celebrada no Grove, presentando avances nos Obxectivos 1 e 2 do proxecto durante a mesa “Ferramentas de seguimento para reforzar a xestión do mexillón nas Rías”, moderada por Carlos Gabín Sánchez, director do CIMA.

🔹 Obxectivo 1: Análise das poboacións de mexilla no medio natural (intermareal rochoso) e a súa explotación nas costas galegas.

O investigador Edgar No Couto (CIMA) presentou os avances do estudo sobre a abundancia e dinámica poboacional da semente de mexillón, fundamental para comprender a situación actual e futura deste recurso estratéxico no litoral galego.

 

🔹 Obxectivo 2: Avaliación de novos sistemas de captación de semente en estruturas tipo long-line para o subministro de mexilla ao sector.

O técnico investigador José Alberto Santiago Mejide (CIMA) expuxo os resultados do primeiro ano de captación de mexilla en liñas de cultivo situadas na Ría de Muros, achegando información valiosa para o desenvolvemento de solucións sostibles que garantan o abastecemento ao sector produtor.

 

 O CIMA e CETMAR colaboran no desenvolvimiento de esta iniciativa promovida pola Sudirección Xeral  de Acuicultura da Consellería do Mar. A participación de APROMEX en ForoAcui reforza o seu compromiso coa transferencia de coñecemento, a innovación e a colaboración entre a comunidade científica, o sector produtivo e a Administración, piares esenciais para o futuro da acuicultura en Galicia.