- A nova ferramenta pode atoparse na sección de Recursos de Apromex
A Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar presenta os datos de evolución temporal da concentración de larvas de moluscos bivalvos, destacando as larvas de mexillón, nos diferentes estadios do ciclo larvario nas Rías Galegas.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou o pasado 7 de maio na presentación do visor web dos datos de densidade larvaria do mexillón, que desenvolveu o CETMAR no marco de APROMEX. Trátase dunha plataforma web que permite a visualización de datos de análises larvarios, que se actualizan semanalmente, a través de paneis interactivos. Deste Xeito, se da un acceso áxil aos datos recollidos desde o ano 2023.
Coordinado polo CIMA, os datos son resultado do proceso de recollida de mostras por parte de INTECMAR, a análise das mostras mediante técnicas de marcaxe e identificación realizadas polo CINBIO da Universidade de Vigo, e o procesado dos datos ata á representación no visor por CETMAR.
Este novo formato dos informes técnicos permite visualizar a posición das estacións de mostraxe, e seleccionar a estación de interese para visualizar a súa evolución temporal. Tanto de larvas de mexillón como de larvas totais de bivalvos para os anos 2023, 2024 e 2025.
Mais adiante, pódense explorar os datos das diferentes estacións da última mostraxe realizada. Preséntase unha serie de mapas onde as estacións están representadas por uns marcadores onde o tamaño e a cor varía en función da densidade larvaria analizada. Ademais, mediante unha serie de paneis para cada estación, indícase a cantidade de larvas atopada axustada a clasificación dos informes técnicos (Baixa, Media-Baixa, Media, Media-Alta, Alta).
Finalmente, o visor web inclúe uns gráficos dinámicos para observar en procentaxes o tipo de larvas que hai en cada unha das estacións.
O proceso de recollida de datos e analise de laboratorio así como o funcionamento da web do visor están a presentarse ao sector no marco das xornadas do proxecto Capacitamex, a través do CETMAR, xunto con outros avances e traballos de investigación de interese para o sector.