No marco do Obxectivo 2 de APROMEX, estanse a realizar experimentos nunha estrutura tipo longline situada na Ría de Muros-Noia, co fin de avaliar o rendemento de diferentes colectores para a captación de mexilla.

Ao longo do mes de febreiro, instalouse a primeira quenda de colectores, seguindo os primeiros picos larvarios detectados polos mostraxes e análises de larvas, realizados polo INTECMAR e a Uvigo.

Nesta primeira etapa, testarase a efectividade de cordas de tipo nylon e polietileno en diferentes configuracións, así como redes colectoras, colocadas en diferentes posicións do sistema.

Seguindo co protocolo deseñado polo CIMA, tomaranse mostras mensuais dos individuos adheridos, que serán procesados no laboratorio, co fin de manter unha monitorización permanente da fixación e crecemento, cara á optimización do sistema.