Por segundo ano consecutivo, o proxecto APROMEX está presente no foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui), os días 9 e 10 de outubro de 2024. Este ano, o proxecto foi citado en tres relatorios diferentes.
Dentro das liñas de actuación da consellería do Mar ante os retos da sustentabilidade na acuicultura, Gonzalo A. López-Santos Rubal (Subdirector Xeral de Acuicultura da Consellería do Mar) centrou a súa presentación no proxecto APROMEX. Destacou as 3 liñas de traballo que se iniciaron en 2023 e o esforzo do proxecto en recompilar e amosar información sobre o recurso na súa web. Tamén comentou outros proxectos complementarios a APROMEX da Consellería do Mar: a identificación e marcaxe de larvas de mexillón (convenio coa Universidade de Vigo) e o novo proxecto para a capacitación do sector mexilloeiro na consulta da información que se está a dispoñibilizar sobre o recurso.
O proxecto APROMEX, tamén foi citado por Marisa Fernández Cañamero (Coordinadora de Área de Control, Xestión do Medio e Recursos Mariños de CETMAR), facendo un repaso por todos os proxectos nos que participa esta institución.
Por último, Silvia Torres López (Coordinadora da Unidade de Tecnoloxías Mariñas de CETMAR) dentro do campo da observación do medio mariño e o uso da tecnoloxía para a mellora da xestión dos recursos mariños, centrouse no obxectivo 1 do proxecto APROMEX ( mostraxes para la avaliación da abundancia de mexilla no intermareal rochoso). Na súa exposición, amosa como exemplo de desenvolvemento tecnolóxico a aplicación para móbil e PC creada polo CETMAR para sistematizar a recollida de información e facilitar o seu análise.