Seguimento

O análise das poboacións de mexilla no intermareal rochoso e a súa explotación

Actividade de seguimento

Ademais das mostraxes orientadas á planificación da extracción do recurso, é esencial contar cunha avaliación máis detallada que permita comprender a dinámica poboacional da mexilla, especialmente as súas fases de recrutamento. O estudo da dinámica poboacional proporciona información clave sobre o ciclo de vida e a capacidade de rexeneración do recurso, o que é fundamental para a súa xestión sostible. Comprender os patróns de recrutamento e crecemento da semente de mexillón permite prever en que momentos e condicións ambientais é máis probable unha alta taxa de fixación e desenvolvemento, aspectos críticos para garantir a dispoñibilidade continua do recurso.

Para isto, o CIMA está a deseñar un novo tipo de mostraxes, enfocados no estudo da intensidade de fixación da semente de mexilla e o seu crecemento, da súa relación con factores xeográficos e xeomorfolóxicos e ambientais, así como da abundancia larvaria existente en cada zona.

Actualmente, o CIMA está a realizar as primeiras probas de instalación de placas de fixación, que permitirán monitorizar a adherencia e o desenvolvemento da semente nas distintas estacións. Paralelamente, o CIMA está a traballar no deseño dun protocolo específico para estes mostraxes de seguimento, co fin de definir as pautas e metodoloxía necesarias para obter unha análise pormenorizada e continuada do recurso. Unha vez establecido o protocolo, procederase a realizar mostraxes periódicos para asegurar a monitorización estable e representativa das poboacións de mexilla ao longo do tempo.