PROXECTO APROMEX

Análise da poboación de semente de mexillón e avaliación de novos sistemas para a súa captación do medio natural e para a produción en criadeiro.

O proxecto

O sector mexilloeiro ten una gran relevancia socio-económica en Galicia, constituíndo a principal actividade acuícola da comunidade autónoma. O seu desenvolvemento vai máis aló da propia actividade de cultivo en bateas, xa que o ciclo de engorde do mexillón depende da captación de semente salvaxe (mexilla), obtida principalmente das rochas do noso litoral e de cordas colectoras que penden das bateas. Estas actividades son, por tanto, esenciais para garantir o desenvolvemento do sector.

A alta variabilidade natural deste recurso e a súa importancia socioeconómica para Galicia avalan a demanda de levar a cabo un estudo en profundidade da súa dinámica, das súas posibilidades de aproveitamento e do seu impacto ecolóxico, así como da procura de alternativas para abastecer ao sector co obxectivo de facelo máis resiliente e sostible.

É por isto que a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar pon en marcha o proxecto APROMEX, cofinanciado pola Unión Europea a través dos Fondos FEMP, onde o persoal técnico e investigador do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), co apoio técnico do Centro Tecnológico del Mar- Fundación CETMAR  abordan estes retos a través do desenvolvemento de 3 actividades:

  • O análise das poboacións de mexilla no intermareal rochoso e a súa explotación.
  • A avaliación de novos sistemas de captación de semente.
  • O desenvolvemento de sistemas de produción de semente en condicións controladas de criadeiro.

    Actividades

    Actividade 1

    Análise das poboacións de mexilla no medio natural (intermareal rochoso) e a súa explotación nas costas galegas.

    actividade 2

    Avaliación de novos sistemas de captación de semente en estruturas tipo long-line para a provisión de mexilla ao sector.

    Actividade 3

    Desenvolvemento de sistemas de produción de semente en condicións controladas de criadeiro como alternativas á captación de mexilla do medio natural.