Mostraxe
O análise das poboacións de mexilla no intermareal rochoso e a súa explotación
Actividade 1: Mostraxes
A actividade 1 do proxecto ten como obxectivo o estudo da dinámica e da explotación das poboacións de mexilla de Galicia, para o cal recóllese información sobre a súa presenza e cobertura ao longo da costa das provincias de A Coruña e Pontevedra.
Para cada punto de observación, xunto cos datos específicos de distribución, disposicións e abundancia de mexilla, rexístrase información sobre a xeomorfoloxía e litoloxía do lugar, grado de exposición á ondaxe e especies de algas indicadoras da mesma.
Complementariamente, recóllense datos sobre as disposicións de percebe e coberturas das poboación nos puntos, así como información sobre o grado de explotación dos recursos.
Para a recollida rápida de información utilizáronse os protocolos de mostraxe desenvoltos e probados previamente polo CIMA, que foron implementados na aplicación xeoespacial para móbil e PC APROMEX. Esta aplicación, foi deseñada polo CETMAR para a súa utilización no eido especifico deste proxecto, e permite rexistrar directamente a información e as fotografías ilustrativas obtidas en cada punto de observación nunha base de datos xeorreferenciados, consultable e explotable. Ademáis, a súa arquitectura pode servir de base para a construción dun visor web de consulta de información actualizada de mexilla na costa galega.
Figura: Detalle da aplicación creada por CETMAR para as mostraxes do proxecto APROMEX
A agrupación de puntos de observación próximos, con características xeomorfolóxicas e ecolóxicas comúns, permite a definición de zonas ou localidades homoxéneas dende o punto de vista da presenza e abundancia de mexilla e das especies cohabitantes, que poden servir de referencia á hora de describir a costa e xestionar a súa explotación.
Coa información conxunta dos puntos de observación de cada localidade elabóranse fichas descritivas das súas características físicas e dos aspectos relativos á cintura de mexilla e ás disposicións de percebe presente nela; así mesmo as fichas inclúen cartografía específica no tramo de costa fotos e fotografías ilustrativas da información achegada.
En determinados puntos de observación recóllense mostras de mexilla en rocha para estudar a estrutura de poboación ao longo da costa e a súa variación no tempo, permitindo identificar os momentos e dinámicas de recrutamento.
Figura: detalle do análise de mostras para o estudo da estrutura de poboación.
A análise do conxunto de datos permite, por tanto:
-
-
- Recoñecer e describir localidades con especial interese para a extracción de semente de mexillón debido a súa elevada abundancia.
- Describir localidades situadas en zonas clasificadas administrativamente como de explotación exclusiva de percebe.
- Recoñecer localidades para implantar unha futura rede de seguimento estable ao longo da costa galega, que permita informar sobre o estado do recurso e analizar a dinámica poboacional do mexillón na fase de recrutamento, a través do estudo da intensidade de fixación da semente e o seu crecemento, da súa relación con factores xeográficos e xeomorfolóxicos e ambientais, así como coa abundancia larvaria existente en cada zona.
-
Asemade, algunhas destas localidades poderían someterse a seguimento sobre a evolución do esforzo extractivo aplicado nelas, para determinar a súa capacidade produtiva-
A recollida desta información de xeito periódico será empregada para estudar a súa variación interanual. Os resultados preliminares das mostraxes realizadas poden consultarse aquí.